«Arte no Camiño» é un proxecto innovador promovido pola Deputación da Coruña que ten como obxectivo embelecer e poñer en valor o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía a través de nove murais artísticos en colaboración cos concellos de Cee, Corcubión, Negreira, Dumbría, Fisterra, Miño, Carral, Culleredo e Paderne.

Estes murais, distribuídos en puntos estratéxicos destas rutas, combinan arte contemporánea e patrimonio cultural galego, creando un percorrido visual e cultural que enriquece a experiencia de peregrinos e residentes.

A iniciativa transforma o Camiño nun roteiro de arte que conecta a tradición e a innovación, reforzando o sentido de identidade e pertenza local.

OS ARTISTAs - 2025

CORCUBIÓN

LAURA SUÁREZ

NEGREIRA

YOSEBA MP

CARRAL

ISA BERMÚDEZ

MIÑO

RAQUEL GERMADE

OS ARTISTAs - 2024

CULLEREDO

LIDIA CAO

PADERNE

CESTOLA NA CACHOLA

FISTERRA

NOVENOEL

DUMBRÍA

MØU