«Arte no Camiño» é un proxecto innovador promovido pola Deputación da Coruña que ten como obxectivo embelecer e poñer en valor o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía a través de catro murais artísticos en colaboración cos concellos de Dumbría, Fisterra, Culleredo e Paderne.

Estes murais, distribuídos en puntos estratéxicos destas rutas, combinan arte contemporánea e patrimonio cultural galego, creando un percorrido visual e cultural que enriquece a experiencia de peregrinos e residentes.

A iniciativa transforma o Camiño nun roteiro de arte que conecta a tradición e a innovación, reforzando o sentido de identidade e pertenza local.

OS ARTISTAS

CULLEREDO

LIDIA CAO

DUMBRÍA

MØU

FISTERRA

NOVENOEL

PADERNE

CESTOLA NA CACHOLA